"¿Muñeira?"
Esta semana quedei abraiada ó descubrir que en castelán, a forma correcta de referirse ó baile típico galego é "muñeira", sen o "i" que debería ter (muIñeira). Escoiteino primeiro nun concurso dunha televisión estatal. E pensei que fora un erro do programa. Pero hoxe mesmo, noutro concurso doutra televisión estatal, volveron a falar da "muñeira". Por certo, debe estar de moda o baile galego, porque non me explico tantas referencias. Pero imos ó caso. Decidín ir ó diccionario da Real Academia Española, que aínda que ten os seus aqueles, ó fin e ó cabo é o que dicta a norma. E sorpresa, a entrada é "muñeira" e nin rastro de "muiñeira".
Reproduzo o que pon nas súas páxinas.
muñeira (Del gall. muiñeira, molinera)
1. f. Baile popular de Galicia.
1. f. Baile popular de Galicia.
2. f. Son con que se baila.
A palabra galega é muiñeira con ese i primeiro, e collen e en castelán manteñen a voz galega, porque non é unha tradución (se non sería molinera)... Eu non o entendo.
E pregúntome desesperadamente, ¿que demo fixeron co i? Que mo expliquen, porque por moitas voltas que lle dou non consigo darlle unha explicación. Miña irmá, que é filóloga non me soubo dala e ela tamén está extrañada. Inventoume algo así como que igual a palabra recollérona alá polo século XVIII, e por cuestións de pronuncia e do marabilloso galego que se falaba daquela, sumado a que ó pronunciar a palabra o i non se escoita moito, e algunhas zonas dialectais din muño en vez de muíño pois... Vaia, por dicir algo e tamén por inventar algo.
Así que eu, nin corta ni perezosa non me quedo cos brazos cruzados. E tecleo a dirección da RAE porque teñen un apartado de consultas lingüísticas. Así que vou dar o coñazo, que para eso están. E oh, sorpresa, seica que na fin de semana o servizo de consultas lingüísticas on line permanece pechado. Así que xa sabedes, que non se vos poña na cabeza un conflicto lingüístico coma este en sábado ou domingo, que vos quedades coas ganas de resolvelo. Pero prometo que ó longo desta semana atoparei un segundo para darlle o coñazo. Xa vos contarei.
(E que me respondan, se non ameazo con mandarlle un e-mail a Reverte, a ver como sae do lío, porque xa unha vez dou unha explicación da formación da palabra Finisterre que Deus nos colla confesados. Que conste que non me disgustan os seus artigos, pero a veces tamén patina que dá gusto).
P.D. Sigo viva aínda que non o pareza. As actualizacións do blog cada vez son máis escasas, pero o traballo, o doutoramento e demais non me deixan moito tempo.
P.D. 2. A RAE dignouse a responder, reproduzo literalmente:
"Muñeira es una adaptación de muiñeira. Como suele suceder en las adaptaciones de voces de otras lenguas, se da un proceso de simplificación fonética y ortográfica. "
O que me temía. Por certo, para matarse dsepois de escribir dúas escasas liñas de resposta, non?

2 comentarios:
Miña avoa, que só falaba galego sempre dixo muñeira e muño, se cadra a túa irmá está certa.
Si, eu penso que vai por aí, de feito que falo galego e vivo nun lugar que se chama Muíños e sempre digo "son dos Muños". Pero en cambio, sempre dixen muiñeira. çE unha cousa extraña, pero a cousa vai por aí.
Graciñas por deixar un comentario!!!
Publicar un comentario