25 marzo 2007

CURSO DE FORMACIÓN PARA HOMES


OXECTIVO PEDAGÓXICO:
Permitir ós homes desenvolver esa parte do cerebro da que ignoran a súa existencia.

PROGRAMA: 4 módulos, dos cales un é obrigatorio.

Módulo 1 (curso obrigatorio)


- Aprender a vivir sen a súa nai (200 horas)
- A miña muller NON é a miña nai (35 horas)
- Entender que o fútbol non é outra cousa que un deporte, que quedar fóra do Mundial non é a morte (500 horas)

Módulo 2: Vida en parella

- Ter fillos sen se volver celoso (50 horas)
- Superar a síndrome de pertenza sobre o mando a distancia (control remoto) (55 horas)
- Non mexar fóra do váter (100 horas). Exercicios prácticos en vídeo.
- Entender que os zapatos non van sós ata o armario (80 horas)
- Como chegar ata o cesto da roupa sucia sen perderse (50 horas)
- Como sobrevivir a un arrefriado sen agonizar (50 horas)

Módulo 3: Tempo libre


- Pasar o ferro en dúas etapas a unha camisa en menos de dúas horas (exercicios prácticos)
- Dixerir cervexa sen eructar mentres se poñe a mesa (exercicios prácticos)

Módulo 4: Curso de cociña

- Nivel 1 (principiantes): “Os electrodomésticos”
ON= acendido
OFF= apagado

- Nivel 2 (avanzado): “A miña primeira sopa instantánea sen queimar a pota”.
(Exercicios práticos: Ferver a auga antes de engadir a pasta)

CURSO INTENSIVO
Por razóns de dificultade e entendemento dos temas, os cursos terán un máximo de 8 alumnos.

Tema 1: “A roupa”. Desde a lavadora ata o armario, ese misterioso proceso.

Tema 2
: “Os riscos de encher a cubiteira de xeo e o seu transporte ata o frigorífico”. Demostración con soporte de diapositivas.

Tema 3: “Demostración científica: cociñar e tirar o lixo NON provocan impotencia”. Prácticas en laboratorio.

Tema 4: “O rolo de papel hixiénico”. O papel hixiénico, ¿nace ó carón do váter? (exposición sobre o tema da “xeración espontánea”)

Tema 5: “Os homes que conducen, se se perden, ¿poden pedir información sen correr o risco de parecer impotentes?” Testemuñas.

Tema 6: “Diferenzas fundamentais entre o cesto da roupa sucia e o chan”.

Tema 7
: “O homes e o asento do pasaxeiro”. ¿É posible non falar ou axitarse convulsivamente mentres ela conduce e/ou aparca?

Tema 8: “A taza do almorzo”: ¿levita ata o vertedeiro? Exercicios prácticos.

(Que conste que é un correo deses que circulan pola rede, non fun eu a que elaborei isto. Cando caeu nas miñas mans a verdade é que me rin un cacho e aínda se lle poderían engadir algunhas cousiñas máis, pero mellor deixémolo así. Non mo tomedes a mal, homes... Aclároo, porque igual "algún" pensa que xa me estou pasando un pouco, pero que conste que "aqueles" temas das reportaxes non os escollín eu... (ben nos entendemos)

1 comentario:

Anónimo dijo...

Se é que como as mulleres... eu ben digo que deben ter un xen característico para actuar desa maneira. Igual que teñen XY teñen que ter outro que sexa peculiar e distintivo. (A maioría....., o resto son especies a investigar)