01 febrero 2007

Uniformes "in" para as Galescolas

Non me podía resistir sen comentar esta noticia. Vicepresidencia vén de convocar un concurso de deseño para a roupa dos traballadores das Galescolas e dos mandilóns dos cativos. A cousa non ten desperdicio. Se queredes podedes ler a convocatoria do DOG e ver os requisitos e características que teñen que ter os uniformes. Vaia, o que ven sendo os mandilóns de toda a vida, para que non haxa estragos logo de que os cativos se rebocen como croquetas na terra, ou non queden como un Picasso despois de pintar coas acuarelas, rotuladores e demais instrumentos que os pequenos poden chegar a convertir en verdadeiras armas perigosas. Pero claro, hai que darlle un toque fashion galescola. As batas de cor rosa, azul ou a raias xa están out. Digo eu, ¿Por que non organizan un desfile en vez de enviar os deseños e que non vexa ninguén todos os "modelitos" enviados? Porque as propostas imaxínome que non van ter desperdicio.


Ah, por certo, esperemos que Ágata Ruíz de la Prada non se entere desta convocatoria.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu non sei se apuntarme e deseñar un mandilón deses. Ó mellor sai o meu gañador e todo! Eu penso que cuns garabatos ben feito, xa serviría a dichosa indumentaria, total os pequenos é o que fan e dese xeito as ansias de superación aumentarían dun xeito directamente proporcional ó mal que estean feitos os debuxiños. Pensareimo, é unha opción para non ir ás clase de tarde do Doutoramento.

Anónimo dijo...

O asunto é que as galescolas non son da Xunta, senón desta asociación:

http://www.galescola.com

Saúde.

Leria dijo...

Grazas polo comentario, e sobre todo, por ler o blog!