04 febrero 2007

Os mandilóns traen cola

Menudo revuelo desde que se publicou o concurso para o deseño dos famosos mandilóns. Agora parece que os uniformes tamén se extenderán ós centros de maiores. E digo eu, ¿van utilizar o mesmo deseño para un rapaz de tres aniños que para unha persoa xa de idade? Terán que ser moi versátiles. Non sei se os deseñadores darán feito con esta nova esixencia.
Mentres, os políticos seguen discutindo sobre o tema con moito interese e Vicepresidencia xa chantou uns anuncio sobre as galescolas a toda páxina hoxe nos xornais. Igual é que leron o meu post tomando a risa o dos mandilóns e non lles pareceu ben que tratase así tan serio e trascendental asunto. Pero que conste que non son a única e para rir un pouco máis, senón botade un ollo á proposta que fai Leandro na súa viñeta de La Voz de Galicia (a viñeta só aparece na versión papel). E pecho xa este tema, que cuestións máis importantes hai para debater. ¿Discutiron tanto os políticos co asunto do cambio climático tan de actualidade esta semana? Pois non, están máis inmersos nas últimas tendencias no deseño de mandilóns e demais complementos.

No hay comentarios: