08 febrero 2007

O post-it multidisciplinar


Nunca un post-it dou para tanto. O miragre foi de certo profesor (xa sei que sempre ando a falar deles e sen dicir o nome, pero xa vos daredes conta de quen é) que adora este tipo de papeliños. Ata o punto de que chega cunha morea de folios, fotocopias, etc., e en riba deles, trae pegados uns cantos post-it, dos clásicos de cor amarelo claro. Pois o profesor comeza a dar a clase, mirando de vez en cando para as chuletiñas pos-it, pero é que non traía unha ou dúas, senón cando menos, unhas dez ou máis, perfectamente pegadas unha enriba doutra. E cando rematou de ir despegando para ir lendo (que non significa que rematase tamén de falar) a pesadilla dos post-it volveu comezar de novo para recollelos todos e volvelos a pegar uns enriba doutros. Pppp...para!!! Xa me empecei a estresar un pouco, porque claro, os papeliños péganse a todo e eu xa vía ó home cos post-it pegados ata polas mangas do xersei.


En fin, ¿este home non podería traer as súas ideas multiperspectivistas e multidisciplinares apuntadiñas nun folio tamaño A4 como os de toda a vida?

1 comentario:

Anónimo dijo...

Eu tiven que aguantarme tela para non rir cando se lle pegaron na man e el seguía explicando... pero así son máis divertidas as clases!!! E menos falar mal dese home ¿eh?, que será o meu futuro titor. Home sempre podería elixir a M.M. pero despois do acontecido cando fun de Séneca creo que non nos iamos levar moi ben...

Por certo: NORABOA!!!!!!!!! polo que sabemos!!!!!!!!!!!