O futbolín quedou orfo

Aínda que moitos non o saiban, o futbolín foi inventado por este fisterrán. A idea xurdiu no ano 1937, durante a guerra civil, mentres estaba hospitalizado na Colonia Puig, en Montserrat. Estaba ferido e non levaba o tempo. Inspirado no tenis de mesa e pensando no fútbol, un deporte tan popular no noso país, naceu o futbolín. O éxito deste novo entretemento chegaríalle en Guatemala, onde comezou a súa fabricación a nivel industrial.
Finisterre tivo que exiliarse, percorreu varios países europeor e americanos, foi perseguido polas súas ideas e mesmo foi secuestrado nunha ocasión. Pero o futbolín non foi o seu único éxito, tamén tivo sona como escritor e editor. Foi membro da Real Academia Galega e en abril ía ser nomeado Fillo Predilecto de Fisterra.
Hai uns anos, Alejandro Finisterre dicía nun xornal que “sempre fun rebelde, pero creo que hai motivos de sobre para selo”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario