Afumada
Hoxe volvín a casa envolta en fume. Máis ben nun inconfundible e fondo olor a tabaco.
Ata ese momento non reflexionara o ben que nos vai (ou polo menos a min) coa Lei Antitabaco. Explícome. Onte estiven nunha cafetería que permite fumar e na que había un ambiente de fume máis denso do normal. Ó pouco de estar dentro a miña nariz, ademais de notar o olor a tabaco, empezou a lamentarse, como se estivese resfriada ou algo así. Nese momento decateime que desde que se aplicou a comezos de ano a Lei Antitabaco non tivera que aguantar tantos espazos cargados de fume. E iso que xa pasaron meses, pero non reflexionara así sobre os efectos desta lei. Mesmo cheguei a esquecer ese olor forte e pestilente do tabaco que che acompañaba, aínda que non o quixeses, en moitos lugares. Cando cheguei ó piso fun deixando o rastro por cada habitación que pasaba. Sabíase perfectamente onde estivera polo "perfume a tabaco" que deixaba eu en cada habitación. ¡E iso que non fumara, senón que me afumaran!
En fin, que conste que son tolerante con isto do tabaco. Quen queira fumar que fume se lle dá a gana. Pero iso si, se eu non quero respirar fume tamén teño o meu dereito. Aplaudo a Lei
Antitabaco. Sei que os fumadores non pensan o mesmo, moléstalles ter que saír fóra a dar unhas caladiñas coa compaña do frío e da chuvia que tanto se acorda de Galicia. Ou teñen que escoller locais que lles permitan embriagarse co fume do tabaco. Algún que eu me sei chámalle a "Lei Nazi". Eu deime conta de que desde que se aplicou case esquecera ese cheiro envolvente que se apega a un.

2 comentarios:
Hello, as you may already found I am fresh here.
Hope to receive some assistance from you if I will have any quesitons.
Thanks in advance and good luck! :)
Por suspuesto, y gracias por visitar el blog! ;)
Publicar un comentario