¡Lindos gatitos!

Unha manada de gatos está a tomar as rúas de Corme. Os veciños teñen medo, escriben ó xornal, falan co alcalde... A sombra dos felinos apoderouse da vila... Non se trata dunha película de ciencia ficción, non hai máis que pasearse polas rúas de Corme para ver a estes "lindos gatitos". Meus pobres...
Andiven buscando pola rede a foto que foi portada en La Voz de Galicia na edición de Carballo, pero é imposible. É unha foto de Casal na que se ve un primeiro plano dun gato siamés de ollos azuis subido á roda dun coche. Está agochado pero mirando curioso a cámara. É unha pena non poder atopala pola rede para colgala no blog. Intentarei recuperala da edición impresa e escaneala.
Pero imos ó asunto. Algo raro, raro, raro pasa en Corme. Os animais invaden esta vila. Hai uns meses, aparecía tamén no xornal a queixa dos veciños por unha invasión de gaivotas. Seica non os deixaban durmir pola noite porque as condenadas andaban paseando e chiando polo tellado. Durante o día, apuntaban tab ben que deixaban os coches a pinchiñas brancas.
Parece que se desfixeron das gaivotas e agora... ¡Atacan os gatos! Invadiron as rúas de Corme co seu miañar. A maioría dos veciños están descontentos coa visita dos felinos. Tanto gato fregándose nas pernas están cansando ós cormeláns (ou cormellentos, como diría Currás de Mareas Vivas).
Non sei que terá Corme que atrae a moito animal (no bo sentido da palabra, eh!)
No hay comentarios:
Publicar un comentario