06 agosto 2006

Volve a arder

Mentres estou escribindo no blog sinto un cheiro a chamusco. Como non, está ardendo outra vez. Xa sei que a estas alturas de agosto, media Galicia anda queimada. Pero por aquí parece que este ano tardaron un pouco en chegar os instintos pirómanos dalgunha xente. O caso é que sopla o vento do norte e trae hasta aquí o fume. O incendio debe ser pola zona do Lago. Volvo un pouco á miña teoría do verán pasado sobre o "pirómano da costa". Alguén debe andar por aí solto prendéndolle lume a montes que están preto da zona da costa. É moita coincidencia, e ademais, sempre comezan na fin de semana. Imaxino a algún descerebrado sentado nalgunha praia observando a súa obra pirotécnica. Son suposicións miñas, o meu periodismo de investigación aínda non da para tanto, pero ano tras anos arden as mesmas zonas.
Pasando a outro tema, teño esta atalaia norte un pouco (bastante) esquecida. Case non escribo nada e o que escribo non é moi interesante. As ideas para este blog están medio paralizadas, aínda non me puxen coa sección máis xornalística... O meu tempo escasea, o blog non avanza, está a medio construír... En fin, un desastre...

No hay comentarios: