"No me va ni el gato"

Levo xa unha semaniñas desconectada da miña atalaia norte. O traballo absórveme as neuronas e as forzas. Tanto leantarse cedo non debe ser moi bo.
En fin, a verdade é que me tenta moito falar sobre "algunhas" das miñas "compañeiras" de traballo, porque daríanme para encher miles de posts deste blog. Pero non vaia ser que ó final todo se acabe sabendo e algunhas cousas é mellor gardalas en segredo aínda que non teñan desperdicio.
Ó que ía. O outro día estaba na redacción facendo unha das miñas marabillosas noticias televisivas e de súpeto a unha destas "pijas, o sea, que yo hablo castellano y el gallego sólo lo utilizo para poner el off", tivo un problema cos ordenadores. Pensaredes vós que é moi común ter problemas con estas endiañadas maquiniñas, pero o certo é que os ordenadores da redacción traballan que dá gusto. A cousa é que o ordenador non lle ía, non reaccionaba. Así que a individua pediu axuda, porque tamén hai que dicilo é a típica que con encender o ordenador xa se sinte realizada, non a poñas en máis complicacións (podo contarvos que tivo que pedir axuda para poñer unha foto como fondo de pantalla...) Bueno, pois estaban loitando co ordenador e de súpeto solta esta lindeza:
- Oh!, es que no me va ni el gato!
¿O gato?????? ¿Ou o rato??????
Que confusións animais ten algunha xente. Eu non sabía nin como aguantar a risa. Alguén se atreveu a correxila, pero ela como se fose tan normal a cousa. Eu máis ben creo que non sabía nin como se chamaba o rato, esa cousa con botóns que premes e que ten un cable... Pois iso, en fin...
Imaxínoma ó pinchar unha roda. ¡Ai, que non encuentro el ratón!!!!!!! Ui, non, perdón, que o pijerío non lle permite axeonllarse e manchar as man de aceite. Por-favorrr!
No hay comentarios:
Publicar un comentario