16 julio 2006

Carné por puntos

Desde primeiros de xullo o meu carné pasou a ser por puntos. Pero nada ten que ver co sistema de puntos do móbil, que vas xuntando e podes cambiar de teléfono. Aquí todo o contrario, non che dan outro coche senón que podes quedar sen el. Depende do sentidiño que cada un teña ó volante. O certo é que lembro que esa fin de semana algo cambiaron as cousas, aínda que só fose por un día. Por diante da miña casa hai unha limitación de velocidade a 50, pero o raro é que a xente lle faga caso ó sinal. Pasan todos lanzados. E ese domingo, doulle a todos por baixar como a cámara lenta. Un pouquiño de medo si se notaba, pero co paso dos días, volve o ruído dos coches pisando o acelerador costa abaixo. O peor é que o problema non está tanto no sistema do carné por puntos. ¿Van aumentar o número de garads civís para poñer as multas e controlar máis as estradas? Eu sigo vendo "lindezas" automobilísticas dignas de fotografiar. Pero que se lle vai facer...
Acordeime de todo isto ó ler en La Voz de Galicia un artigo de César Casal. Hai que ver a imaxinación que teñen algúns conductores con tal de desfacerse dunha multa ou da perda dalgúns puntos. O artigo non ten desperdicio:

No hay comentarios: