15 julio 2007

¿Verán?


¿Alguén o viu? Eu aínda non, agás dous escasos días, o sol practicamente non dou a cara. Parece que lle gusta un chisco máis a zona sur galega, pero os do norte, ¿que pasa cos do norte?

Parece que quen se foi de vacacións foi o verán. Mentres escribo estas liñas, os segundos vanse levando as miñas primeiras vacacións estivais deste ano, por chamarlle dalgún xeito. O bo é que deixei reservada outra quincena para setembro, e a ver se hai sorte.

Onte pola noite choveu dabondo para estarmos en xullo e un xa non sabe ó erguerse que roupa poñer.

En fin, será o cambio climático.

No hay comentarios: