17 marzo 2007

Xornalista e estampa turística

Xa era o que me faltaba. O xoves estaba gravando unhas medianiñas na praza de abastos e pasoume algo moi txungo... Estaba eu toda colocada, falando a cámara, cando de súpeto, me dou conta que un señor me estaba sacando unha foto!!! E o peor é que cando acabei o señoriño xa se diluíra entre a xente que estaba por alí de compras. Tiña pinta de turista, pero de todas formas, non entendo por que me sacou a foto, mira que non haberá cousas máis interesantes que fotografar... Que medo... En fin, hai xente para todo...

1 comentario:

Anónimo dijo...

Jajajaja!!! Que simpático!!! Pois eu aínda non te vin na tele? non terás por aí nada gravado??? que teño ganas de verte. Que hai para esta semana???