04 marzo 2007

"El mejor oficio del mundo"


“El periodismo es una pasión insaciable que sólo puede dirigirse y humanizarse por su confrontación descarnada con la realidad. Nadie que no la haya padecido puede imaginarse esa servidumbre que se alimenta de las imprevisiones de la vida. Nadie que no lo haya vivido puede concebir siquiera lo que es el pálpito sobrenatural de la noticia, el orgasmo de la primicia, la demolición moral del fracaso. Nadie que no haya nacido para eso y esté dispuesto a vivir sólo para eso podría persistir en un oficio tan incomprensible y voraz, cuya obra se acaba después de cada noticia, como si fuera para siempre, pero que no concede un instante de paz mientras no vuelve a empezar con más ardor que nunca en el minuto siguiente”.

García Márquez foi o que refiriu así sobre a profesión xornalística. ( Conferencia na 52ª Asemblea da Sociedade Interamericana de Prensa, SIP).

Non sei se todos os que estudamos esta carreira e traballamos no mundo do Periodismo sentiremos o mesmo... Pero hai cousas certas. A min, particularmente, gústame saber que cada día que vas traballar non sabes co que te vas encontrar, as noticias que tes que facer, os acontecementos que tes que cubrir, que noticias de última hora che van acelerar para rematar a tempo, a onde vas ter que ir, con quen terás que falar, as historias que podes descubrir e contar á xente... Pero tamén é certo que hai días cunha cara máis desagradable, aqueles cando unha reportaxe non pode saír como queres, cando a xente que che gustaría entrevistar non quere falar, cando parece que hai noticia pero non a hai...

Pero as palabras de García Márquez non están mal, cando menos dan que pensar e tamén rebelan que hai certos periodistas que están a anos luz de achegarse a esa definición que dá o Nobel de Literatura. Algún día falarei dos parásitos que “fan pasillo”.

No hay comentarios: