24 enero 2007

Maryyyy!!!

Teño que rectificar, é unha cadeliña. O domingo cando chegaba ó piso encontreime cos novos veciños do 2º. E entre eles, un fuciño curioso onda os meus pés. E non era outra que... Mary! Vaia nome para un can! Ela é a culpable de inundar o edificio con ladridos continuos. Aínda que agora descubrín que lle dá por ladrar sempre que se queda soa en casa. E ademais dos ladridos matutinos, agora pasou a aumentar os seus concertos tamén en horario de tarde, tarde-noite... En fin, haberá que afacerse a esta nova e ruidosa compaña da pequena Mary.

No hay comentarios: