29 octubre 2006

Esos días de verano...


...Como diría a canción de Amaral.

E é que hoxe fai un calor digno do verán e estamos a finais de outubro! Ademais hoxe cambiou a hora, disque para mellor, tivemos unha horiña máis para durmir. O certo é que eu non a notei, levanteime a mesma hora de sempre, pero pola hora nova. Así que esa horiña a min desapareceume, levouma o sono. Agora vaise facer de noite máis cedo. Non me gusta nada que os días sexan tan curtos, deberan ser sempre coma no verán. Non digades que non é triste que ás 5 e media da tarde xa case se faga de noite. Pero en fin, hai que aguantar. Menos mal que hoxe fai un día estupendo. Lémbrame a eses días soleados de outono, cando era pequena.
Daquela si que se pasaba ben, ¡non había tantos problemas como agora! As tardes dos domingos pasábamolas enteiras xogando. En fin, non me quero poñer triste, porque ganas non me faltan... Porque me lembro tamén deste verán, un dos mellores e acórdome de certas cousas que se acabaron...

1 comentario:

Luis Balcarce dijo...

Estimada amigo/a:

Quería proponerte abrir tu propio blog en Reportero Digital La Coruña. Nos parece que el trabajo que realizas merece ser visto por los diez mil visitantes diarios que acceden a las web de RD en Coruña, Vigo y Pontevedra. Además, formarás parte de la blogzone de Periodista Digital, una web visitada al mes por más un millón de internautas.

A la espera de una pronta respuesta, recibe un cordial saludo.
--
Luis A. Balcarce
Reportero Digital A Coruña
637.80.15.50
balcarce.luis@gmail.com
www.reporterodigital/acoruna