02 septiembre 2006

Agrosexual


Atrás quedaron os metrosexuais, os tecnosexuais ou os ubersexuais. Agora chega ... o AGROSEXUAL!!!
Non aparece en ninguna revista fashion nin é obra de ningún cazatendencias. É froito de observar a máis pura realidade.
Ó certo é que o copyright deste termo correspóndelle á inventiva da miña irmá. Íamos as dúas no coche, eu conducindo tan tranquilamente e de súpeto un individuo captou a nosa atención. Ó pasar por unha aldea, de cuio nome prefiro non acordarme, un home estaba baixando do seu coche e digamos que tiña un estilo moi peculiar. Cun ademán chulesco, o home sae do coche co seu torso espido, é dicir, sen camisa. O día non é que estívese moi bo, para facernos unha idea había néboa. Pero o home tiña calorías e ganas de lucir o seu peito. Un peito peludo e cun coidado e prominente bandullo cervexeiro. O home saiu do coche con paso e pose decidida, dicindo: aquí estou eu, ad-mirádeme!
O espazo de tempo que o vimos foi bastante breve, pero o suficiente para escachar a rir e manter este diálogo:
- Este si que non é metrosexual-, apunta miña irmá, para logo soltar un magnífico...
- ¡Este é agrosexual!

O certo é que o termo é do melloriño, non sei se o inventaría xa alguén, pero senón, queda neste blog constancia deste novo perfil masculino.

Así que, para que non se nos adiante ninguén, ¿cómo poderiamos definir ó agrosexual?
Pois o máis importante é que o home en cuestión sexa de ámbito rural, porque senón non tería graza. O agrosexual, como pode deducirse, non gasta un céntimo na depilación do seu torso nin en cremiñas. O xusto para afeitarse, se é o caso. En canto á silueta, esta ten que ser xenerosa. É dicir, que se note o touciño do caldo e mailas cervexas da taberna. O corpo nada de esculpilo a golpe de ximnasio, como moito, a golpe de sacho. Estas poderían ser as liñas xerais para poder ser considerado un verdadeiro agrosexual, pero cada un que lle poña un pouco de imaxinación.

Ah, por certo, que o agrosexual non é exclusivo de Galicia, eh?

Non quero que ninguén se me ofenda co perfil do novo agrosexual. Se todos fosen como Beckham, o mundo sería moi soso. Fai falta un pouco de variedade e de gracia nesta vida.
(A mágoa foi non poder sacarlle unha foto para o blog.)

No hay comentarios: