09 julio 2006

Habemus orla e licenciatura!!!!!!!!


Chegaron case o mesmo día. Freixanes por fin se decidiu a colgar a última nota, a que me faltaba para poder dicir que xa son licenciada en Xornalismo. Non foi sen tempo, co que lle debe gustar ler a este home, ben podía correxir os exames un poquiño máis rápido. E case o mesmo día, tamén por fin... ¡Temos a orla! Creo que somos a única facultade que aínda non debía de tela. Traballo lles costou ós de Fotosistema tela para o mes de xullo, non sei que facemos pero sempre andamos ó revés da xente. Bueno, máis ben, habería que poñerlle a culpa, creo, a certo profesor que non se dignou en apurarse a sacar a foto. Hai xente que parece que ten alerxia ó flash, terá medo que lle saque os verdadeiros defectos e que lle resalte as malas cousas. En fin, un montón de fotos que dentro duns anos servirán para rirnos un pouco e dicir, ¡pero que cara de pringados teñen estes recén licenciados! Atrás quedaron os tempos nos que aínda eramos os alevíns de Xornalista do noso querido exdecano e padrino de promoción Xosé López.

No hay comentarios: