Non só pasa nas películas
Aínda que pareza mentira isto que vou a contar sucedeu de verdade. “Alguén” dixo na redacción: “A que non sabedes o que me pasou o outro día...”. E cando alguén di iso, xa se sabe que a historia vai ter aquel e non pode un evitar pegar a orella. Por suposto non vou rebelar a identidade dese “alguén” porque a cousa ten delito, e se non, veredes. Pois resulta que o individuo, se se lle pode chamar dalgunha forma, comeza a contar:
"...O outro día estaba na gasolineira, e bueno parei, pagueille ó homiño e arranquei... E de alí a un pouco, a rapaza pequena que ía sentada atrás esperta e dime: "papá, ¿e mamá?, ¿onde está? E eu claro quedeime así mirando e ... "Nada, que lle estamos gastando unha broma". - ¡¡ Resulta que o individuo esqueceu a muller na gasolineira!!, e sigue contando.- Pois nada, que se non esperta a rapaza, je, je, xa me quedaba alí a muller..! E tiven que dar volta e alí estaba ela, de pé, esperando. Claro, ela baixou para ir ó baño e eu, pois chico, fóiseme por completo que ela quedaba alí."...
As risas na redacción, como é de agardar, non paraban. Ai!, empezamos así, esquecendo a muller na gasolineira e acabamos..., xa non sei nin como acabamos...
Que digo eu unha cousa, á muller moita pena non lle debeu dar, porque se non chamaría o home por teléfono... Ou máis ben, xa non sería a primeira vez e está afeita a estes “esquecementos”...
¿Como era o anuncio daquel cadeliño no medio dunha estrada no verán? Ai, si, “Non o abandones, el non o faría”.
Un despiste teno calquera pero... neste caso... xulgade vós mesmos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario