Con la Iglesia hemos topado
Ser xornalista, non traballar na COPE e quere falar con alguén do mundo da Igrexa pode ser algo moi complicado. Non sei se por sorte ou desgraza non traballo na COPE, por iso os meus contactos eclesiásticos non son moi fluídos. E sobre todo se o tema pode resultar algo polémico.
Teño feito máis entrevistas a personaxes da Igrexa, mesmo algún cargo relevante. E teño que dicilo, nalgúns casos bastante amables (por certo, teño unha invitación pendente para visitar Salamanca, aínda que non vai ser o caso, non irei con eses obxectivos...) n fin, que me desvío do tema e é moi interesante.
Estes días estou levando a sección de Internacional e polo tanto as informacións relacionadas co Papa e as súas polémicas declaracións sobre o Islam. A raíz disto, alguén tio a marabillosa idea de que contactásemos con alguén do Arcebispado para falar do tema ou con alguén da Catedral de Santiago para saber se se está aumentando a seguridade e vixianza neste lugar. (Hai ameazas de posibles atentados ó Papa e as medidas de seguridade no Vaticano aumentaron).
Pois ben, no Arcebispado, para contactar con alguén case que é unha tarefa titánica. A de prensa leva dous días sen pasar por alí e o móbil non sei para que o ten. Seguinte paso, a Catedral. Para os noatos, non intentar falar con alguén da Igrexa antes das 10:30 aproximadamente porque seguro que están na misa.
Cando puiden falar co Deán a Catedral de Santiago, José María Díaz, e lle espuxen o meu tema (amable, educadamenten e sen moito detalle porque agardaba a súa reacción) dime:
- Non imos a falar dese tema. Dese tema non falamos.
Eu intento pronunciar dúas palabras máis, sempre educadamente, e de súpeto... CÓLGAME O TELÉFONO!!!!!!
Así, sen máis. Para min iso é ser MALEDUCADO, sobre todo sendo un relixioso, tanto din que hai que predicar co exemplo... Pois como sexa ese o exemplo que dan...
Polo menos dicir algo así como: non queremos falar sobre ese asunto. Bos días, adeus. Pero non se colga o teléfono, e menos cando eu me dirixín a el con toda a amabilidade do mundo. Se teñen problemas dentro da Igrexa e non saben como saír do paso ese non é o meu problema. Se o clima de tensión medra entre as comunidades musulmanas de países de Oriente Medio haberá que prestar atención ó tema, polas posibles consecuencias que poida ter nas comunidades relixiosas cristianas.
Pero en fin, a mala educación tamén existe na Igrexa. Falamos de crise na fe, e algúns aínda se preguntarán por que. E non poño máis exemplos. Respecto tódalas relixións, a liberdade de crenzas... Pero despois vemos que a realidade que predican ós seus fieis pode ter moitas caras.
Caras como a deste titular que se me ocorre:
O Deán da Catedral de Compostela cólgalle o teléfono a unha xornalista
Quizais debera empezar o post con este titular (se me ve algún profesor da facultade este titular ó final...), pero eu son máis educada. O que non quere dicir que non denuncie certas cousas.
PD: Non quero facer un debate sobre a relixión nin que ninguén se sinta ofendido, pero simplemente non soporto que a xente sexa así de maleducada, e menos ó tratar cos medios. Logo quéixanse de que os poñemos a caldo, pois que nos traten como é debido.

No hay comentarios:
Publicar un comentario