19 diciembre 2006

Parásitos remunerados

Dá gusto ir de vez en cando pola facultade coa carreira xa rematada. Encóntraste coa xente de cuarto, estresada cos traballos que tamén nos estresaron a nós o ano pasado. ¡Que recordos! Ou os "alevíns" de xornalista de primeiro, tan ilusionados. ¡Meus pobres, o que lles espera! Pero a veces, xorden outras sensacións máis desagradables. Por exemplo, hoxe, cando xa nada máis entrar escoitei un bostezo atronador. Como non, ese xesto proviña dun "modélico" profesor e non do león da Metro como se podería pensar nun principio.
Mmmmmm......... Non vou dar o nome pero igual anímome a dar algunha pista sobre tan exemplar parásito. Antes da entrada en vigor da Lei Antitabaco, este home tiña o costume de fumar nas clases. Un día, entre calada e calada douse cousa de que lle estaba caendo a cinza enriba dos apuntes de varias alumnas. Non sei como, pero tivo a "amabilidade" de sacudirlle os papeis.
Tan bo profesor é que no curso de doutoramento que imparte este ano ten matriculadas... 1, 2, 3, 4 e... 5 persoas! E desas cinco, unha xa está preguntando como darse de baixa e modificar a matrícula. Algo razonable, coñecendo o individuo en cuestión. Porque se queres aprender algo, terás que buscar a alguén que polo menos saiba algo máis ca ti. E en fin, algúns cobran por arrastrar os pés ata a facultade e facer o "paripé" durante hora e media de clase.
E é que cada vez que o vexo, non podo pensar outra cousa que:
¡Aaaaagggghhhh!

1 comentario:

Unknown dijo...

hahahah
moi boa, creo que xa sei de quen falas XDDDD
Espero que non teñas moito traballo co doctorado, mentras eu loito con Historia Medieval
Éche o que hai!!